*BENVIDO, BIENVENIDA, WELCOME*
(Páxina en construción)
Querido visitante, querida visitante, A miña páxina é a túa páxina. Por favor, síntete como na túa casa.
Que gratificante é recoller a colleita, sobre todo, se a sementeira se fixo con tanto cariño: dez anos despois, volvo ser gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil de Xerais 2025 co texto Erin e o lobo, que está agora mesmo en chapa e pintura e sairá publicado de outono (xa!).
Estes foron. sen dúbida, meses moi produtivos.
En outubro do 2024 gañei o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil co texto Esta é a miña historia e terás que crela e quedei de finalista co O Peculiar. Ambos libros sairán publicados, tamén, en outono.
Meses antes, en abril do 2024 publiquei Benita y Malva y el crímen del crítico gastronómico, co que quedara finalista do premio Ala Delta (Editorial Edelvives e Editorial Tambre) e, xunto a Dani Padrón, o álbum ilustrado Analfabeta (Edicións Xerais).
Ademais tiven tempo para sentar e escribir. Hai uns meses rematei unha novela de humor absurdo (e centos de ovellas) e unha sobre pantasmas na procura de comodidades.
Deime vacacións, pero son moi mala xefa e remoio dúas ideas, ambas para un público adulto; quizais unha vindeira novela e a biblia dunha serie de ficción. Ai, debería descansar (e recoller a casa).